Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xuventude convoca a XVII edición do certame literario “Os Viadutos”

RR_Noticias

A Concellería de Xuventude de Redondela convoca unha nova edición deste certame de relatos curtos dotado con dous premios económicos de 1.200 euros e 600 euros respectivamente. O prazo de presentación de traballos rematará o día 3 de marzo e ao certame poden concorrer todas as persoas interesadas que teñan entre 18 e 35 anos de idade e que presenten as súas obras escritas en lingua galega.

Os textos terán que ser orixinais, inéditos e non premiados en calquera outro certame e deberán ter unha extensión máxima de 20 folios e mínima de quince. O tema será libre pero é requisito fundamental que estean escritos en lingua galega. Os textos remitiranse ao departamento de Xuventude no Multiusos da Xunqueira como data límite o 3 de marzo deste ano. O ditame do xurado darase a coñecer no mes de abril.
As bases do concurso pódesen consultar na páxina web www.redondela.gal
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará