Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Catro carrozas e un tren turístico protagonizan a Cabalgata de Reis

RR_Noticias

Melchor, Gaspar e Baltasar repartirán entre os nenos preto de 2.000 quilos de caramelos e acabado o percorrido pola rúas de Redondela, que arrancará ás 18:30 horas no Convento de Vilavella, recibirán aos pequenos no Concello. Ademais das carrozas, nesta edición as súas maxestades estarán acompañadas dun tren chu-chu no que irán os rapaces que se inscribiron previamente.

O tempo acompañará este xoves para desenvolver unha das actividades máis esperadas polos pequenos, a tradicional cabalgata de Reis. Nesta edición a comitiva partirá ás 18:30 horas dende o Convento de Vilavella e estará formada por catro carrozas e un tren no que irán os rapaces que se inscribiron previamente e que é unha novidade precisamente para dar cabida a todos os nenos que queren participar. O grupo Troula encargarase de animar aos espectadores durante todo o percorrido polas rúas Pai Crespo, José Regojo, Alfonso XII e Ribeira e ao remate do desfile terá lugar unha espectacular solta de globos de cores. As Súas Maxestades recibirán na Casa Consistorial as peticións de última hora dos pequenos. A programación de Nadal continuará o venres coas actuacións das rondallas e ranchos de Reis polo casco urbano a partri das 10.30 horas coincidindo coa celebración da feira de Reis, unha das máis multitudinarias do ano. Xa na fin de semana a programación chega ao seu remate cons actividades de Nadal nos pavillóns do concello. O sábado será en Chapela e o domingo en Redondela e incluirá inchables, petanca, tiro con arco e un touro mecánico. Para participar cómpre retirar unha pulseira que ten un prezo de un euros en cada pavillón e que lles da dereito aos nenos a participar en calquera das actividades. Chapela Tamén hoxe os Reis visitarán a parroquia de Chapela cun percorrido que comezará ás 16.30 horas no Centro Cultural de Cidadelle. A partir das 17.00 horas desprazaranse a pé desde o barrio de Xapón até o pavillón de Deportes. A cabalgata na parroquia de Chapela partirá ás 18.00 horas desde o Alto de Encarnación, percorrendo a Avenida de Vigo pola súa marxe dereita até Catro Pontes, para regresar ao Círculo Cultural onde terá lugar a recepción oficial ás súas Maxestades. Cedeira As súas maxestades farán a entrada no centro cultural ás 18:00 horas do xoves día cinco. Previamente percorrerán a estrada que vai dende o Mercadona ata a sede do centro con agasallos e caramelos para os nenos. Soutomaior As sáus maxestades non se esquecerán do municipio de Soutomaior, onde pola mañá serán recibidos con todas as honras. O percorrido comezará ás 11.30 horas na Casa Consistorial, onde o goberno local recibirá ás súas Maxestades para acompañalos durante unha parte do seu camiño. Despois de recoller as peticións que os nenos deixaron na caixa de correos situada no Concello, os Reis Meigos continuarán o seu camiño para levar a alegría a todos os recunchos do municipio. Na súa seguinte parada, ao redor das 12.00 horas, visitarán o centro de Arcade, onde visitarán tamén o centro de maiores. Pola tarde, as actividades comezarán ás 16.00 horas na Alameda Tallo Río cun festival infantil. Unha festa dedicada aos máis pequenos da casa e na que non faltará a animación musical dun dj, un espectáculo de animación e a compañía dalgunhas das mascotas de Disney máis famosas. Ás 17.00 horas As súas Maxestades reais farán a súa aparición na alameda para atender aos máis pequenos e repartir caramelos.  

Angela Antón edil de eventos
Unha cabalgata que arrancará ás 18:30 horas
Ranchos e rondallas
O día de Reis terá a súa música
O Nadal dos nenos
Dúas citas nas pavillóns municipais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará