Boa xornada para varios dos equipos da comarca nas distintas categorías do fútbol galego. O Choco suma a súa segunda vitoria consecutiva tras gañar no campo do Gondomar, mentres que o Cesantes estreou a tempada na Segunda Galicia cunha contundente goleada. Tamén o Arcade e o Chapela conseguiron os tres puntos, nunha xornada con resultados desiguais para o resto dos representantes.
Gondomar 2-3 Choco
Dous de dous. O club deportivo Choco logrou a vitoria esta fin de semana na súa visita ao campo do Gondomar. O equipo amosa a súa superioridade na primeira futgal e faise con dáus vitoria consecutiva o que o sitúa nos posotas altos datáboa neste arranque da competición. Na vindeira semana o Choco xoga na casa, recibirá en Santa mariña ao Tomiño.
Soutomaior 1-2 Cuntis
Abanqueiro 0-1 Arcade
No Grupo 5, o CD Soutomaior caeu ante o Cuntis mentres que o Arcade si se facía cona vitoria na súa visita a Abanqueiro nun partido que rematou co resultado de 0-1.
Na vindeira semana o Arcade xoga na casa e recibe ao Casmpo Lameiro mentres que o Soutomaior visitará o campo do Ponte Caldelas
Na segunda Galicia
Puente Arnelas 2-6 Cesantes
Na Segunda Galicia, o CD Cesantes lidera unha categoría na que se estreaba esta fin de semana logo de conseguir o ascenso a pasada tempada. O equipo logrou unha contundente vitoria na súa visita ao campo do SD Puente Arnelas e prepárse para recibir na vindeira semana ao club da Lama.
Celta 360 3-0 Atlético Vilar
Peor lle foron as cousas ao Atlético Villar. Tras lograr o ascenso a pasada tempara, o conxunto milita no grupo de Vigo da segunda galicia. O primeiro dos encontros non lle foi ben ao equipo redondelán que caeu 3-0 na súa visita ao campo do Celta 360. A próxima cita da tempada será na casa onde recibirán ao equipo da Cañiza.
Castrelos B 1-2 Chapela
Na terceira Galicia temos que falar de vitoria do Chapela na súa visita ao campo do Castrelos B.









