Hoxe é Martes 13 de Outubro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Choco e Cesantes comezan con forza a tempada

futbol cesantes

Boa xornada para varios dos equipos da comarca nas distintas categorías do fútbol galego. O Choco suma a súa segunda vitoria consecutiva tras gañar no campo do Gondomar, mentres que o Cesantes estreou a tempada na Segunda Galicia cunha contundente goleada. Tamén o Arcade e o Chapela conseguiron os tres puntos, nunha xornada con resultados desiguais para o resto dos representantes.

Gondomar 2-3 Choco

Dous de dous. O club deportivo Choco logrou a vitoria esta fin de semana na súa visita ao campo do Gondomar. O equipo amosa a súa superioridade na primeira futgal e faise con dúas vitorias consecutivas o que o sitúa nos postos altos da táboa neste arranque da competición. Na vindeira semana o Choco xoga na casa, recibirá en Santa Mariña ao Tomiño.

Soutomaior 1-2 Cuntis

Abanqueiro 0-1 Arcade

No Grupo 5, o CD Soutomaior caeu ante o Cuntis mentres que o Arcade si se facía coa vitoria na súa visita a Abanqueiro nun partido que rematou co resultado de 0-1.

Na vindeira semana o Arcade xoga na casa e recibe ao Campo Lameiro mentres que o Soutomaior visitará o campo do Ponte Caldelas.

Na segunda Galicia

Puente Arnelas 2-6 Cesantes

Na Segunda Galicia, o CD Cesantes lidera unha categoría na que se estreaba esta fin de semana logo de conseguir o ascenso a pasada tempada. O equipo logrou unha contundente vitoria na súa visita ao campo do SD Puente Arnelas e prepárase para recibir na vindeira semana ao club da Lama.

Celta 360 3-0 Atlético Vilar

Peor lle foron as cousas ao Atlético Villar. Tras lograr o ascenso a pasada tempada, o conxunto milita no grupo de Vigo da segunda Galicia. O primeiro dos encontros non lle foi ben ao equipo redondelán que caeu 3-0 na súa visita ao campo do Celta 360. A próxima cita da tempada será na casa onde recibirán ao equipo da Cañiza.

Castrelos B 1-2 Chapela

Na terceira Galicia temos que falar de vitoria do Chapela na súa visita ao campo do Castrelos B.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará