A tempada de fútbol sala non puido comezar peor para os equipos da contorna, xa que todos eles tiveron que encaixar derrotas na primeira xornada. O Pazos de Borbén eo Redondela FS, que militan na Terceira División, caeron con contundencia na súa visita ao Sport Sala Culleredo (8-2) e ao campo Outeiro de Rei (7-3), mentres que os tres representantes na Preferente —filial do Redondela FS, Campito Chapela e Pazos B— tamén cederon os puntos nos seus respectivos encontros.
Culleredo 8-2 Pazos de Borbén
Derrota contundente do primeiro equipo do Pazos de Borbén na súa visita ao Sport Sala Culleredo, onde os locais se impuxeron por 8-2.
Desde o club destacan que o equipo desaproveitou numerosas ocasións durante a primeira metade, o que permitiu chegar ao descanso cun axustado 2-1 a favor do conxunto coruñés.
Na segunda parte, o Culleredo saíu mellor á pista e foi ampliando a súa vantaxe ata chegar ao definitivo 8-2.
Na vindeira xornada, o Pazos de Borbén buscará os seus primeiros puntos da tempada ante o Cidade de Narón, nun encontro que disputará como local.
Outeiro de Rei 7-3 Redondela fs
Mesma sorte correu o redondela que debutaba na terceira División con derrota ante o Outeiro de Rei. Na próxima xornada afrontarán o seu primeiro partido na categoría ante a súa afección. Será o sábado 20 de setembro cando reciban ao Alto do Vento ás 19:00 horas no Pavillón da Marisma.
Derrotas tamén na Preferente
Tampouco houbo boas novas para os equipos da contorna na Preferente, categoría na que os tres representantes iniciaron a competición con derrota.
Redondela FS 3-5 Bembrive FS
O Redondela FS non puido estrear a liga con vitoria e caeu por 3-5 ante o Bembrive FS.
Foi un encontro intenso e competido ata os minutos finais, pero o conxunto visitante acabou levándose os tres puntos.
Na próxima fin de semana, os de Redondela desprazaranse ata Valadares para disputar a segunda xornada.
Chapela 2-5 Vigo 2015
Tampouco puido sumar o Campito Chapela, que perdeu por 2-5 ante o Vigo 2015 no encontro disputado en Chapela.
O equipo chapelés terá que buscar os seus primeiros puntos da tempada na próxima xornada, na que viaxará ata A Gudiña.
Pazos B 2-3 Quinta de Tui
A mesma sorte correu o filial do Pazos de Borbén, que caeu por un axustado 2-3 ante o Quinta de Tui. O Pazos B tentará estrear o seu casilleiro de puntos na seguinte xornada, na visita ao Vianariño FS.









