Hoxe é Luns 14 de Setembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha achega de 40.000 € permitirá mellorar as infraestruturas de abastecemento de auga de Fornelos

fornelos

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha achega por valor de máis de 40.000 euros para que o Concello de Fornelos de Montes faga fronte á mellora de infraestruturas municipais. Cos recursos provinciais, vanse optimizar servizos básicos en tres núcleos do municipio: A Laxe, Estacas e Boullosa.

Nos dous primeiros executaranse novas acometidas eléctricas para os depósitos de auga potable, cuxos sistemas de cloración funcionan con baterías, e, no terceiro, ampliarase a rede de abastecemento e realizarase unha actuación de mellora da seguridade viaria do lugar.

Na Laxe electrificarase o depósito cunha nova liña para levar o subministro eléctrico desde o núcleo, salvando os 450 metros de distancia, e completarase a instalación dotando ao interior do recinto de iluminación artificial e tomas de corrente. Pola súa banda en Estacas executarase a conexión eléctrica desde o poste de tendido máis próximo (125 metros), incluíndo o cruzamento soterrado na estrada municipal e dotando ao recinto de iluminación e cadro de tomas.

No caso de Boullosa, nestes momentos existen vivendas que non contan con acceso á rede xeral de abastecemento de auga, ademais de sufrir un problema de seguridade viaria provocado por un estreitamento na estrada de acceso. Deste xeito, cos recursos da Deputación vanse instalar tubaxes para dar servizo de auga potable ás vivendas desconectadas e intervirase na curva de acceso ao núcleo para aumentar o ancho da beiravía e gañar a sección necesaria para o tránsito seguro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará