Hoxe é Martes 25 de Agosto de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Folga indefinida no Consorcio Editorial Galego: reclaman o pago dos salarios pendentes

Consorcio editorial

A CIG convoca unha folga indefinida a partir do 31 de agosto para reclamar os salarios pendentes e garantir o mantemento dos postos de traballo

O persoal do Consorcio Editorial Galego, empresa dedicada á distribución de libros con sede en Redondela, iniciará o vindeiro luns 31 de agosto unha folga indefinida para reclamar o pago das nóminas que ten pendentes. Segundo denuncia a CIG, as cinco persoas traballadoras da empresa levan desde o pasado mes de maio sen cobrar os seus salarios.

A situación, segundo o sindicato, vén de atrás. O cadro de persoal asegura que durante todo o ano se produciron problemas no cobro das nóminas, sen que a dirección ofrecese explicacións sobre a situación económica que atravesa a compañía.

A preocupación aumentou nas últimas semanas despois de que algunhas das editoriais que traballan co Consorcio Editorial Galego comezasen a retirar os seus fondos de libros das instalacións da empresa. Para a representación sindical, este movemento incrementa a incerteza sobre o futuro da actividade e dos postos de traballo.

A folga dará comezo ás 00:00 horas do luns 31 de agosto e terá carácter indefinido. Ademais de reclamar o abono inmediato dos salarios pendentes, o persoal demanda o mantemento dos cinco postos de traballo e o cumprimento das condicións establecidas no convenio colectivo.

A CIG sinala que a convocatoria pretende dar resposta a unha situación que está afectando directamente ao persoal da empresa, que continúa sen percibir as súas nóminas mentres permanece á espera de coñecer cal é o futuro do Consorcio Editorial Galego.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará