Hoxe é Martes 25 de Agosto de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Últimas prazas para os cursos gratuítos de Baile e Tai Chi

784251244_4821086871453054_2248432076393751220_n

O Concello de Redondela abriu un prazo extraordinario de inscrición para cubrir as prazas que quedan vacantes nos cursos gratuítos de Baile e Tai Chi dirixidos a persoas maiores de 55 anos. As actividades retomarán as clases o vindeiro 7 de setembro.

A convocatoria está destinada exclusivamente ás persoas que non se inscribiron nos cursos durante este ano ou que quedaron en lista de espera. As prazas son limitadas e asignaranse ata completar a capacidade dispoñible.

No caso das clases de Baile Ritmo Vital, as sesións celebraranse os luns, de 9:00 a 10:00 horas, no Pavillón da Marisma de Redondela, e os martes, no mesmo horario, no Pavillón Manuel González Soto de Chapela.

Pola súa banda, as clases de Tai Chi terán lugar no Pavillón da Marisma os martes e xoves, con dúas quendas a escoller, de 9:00 a 10:00 ou de 10:00 a 11:00 horas. En Chapela, desenvolveranse os luns e mércores de 9:00 a 10:00 horas.

As actividades son totalmente gratuítas e a inscrición debe realizarse presencialmente no Concello de Redondela. A administración municipal anima ás persoas interesadas a aproveitar estas últimas prazas para incorporar actividade física á súa rutina e favorecer un envellecemento activo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará