Hoxe é Luns 24 de Agosto de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela-Wofco sobe ao podio no Teresa Herrera

783162618_1047228454829498_2474171711384990841_n

Fotos da Federación Galega de Remo

A enseada do Orzán acolleu esta fin de semana unha edición especial do Trofeo Teresa Herrera de Traiñeiras, que celebrou o seu 40º aniversario na categoría masculina e a décima edición da feminina. A cita reuniu algunhas das principais embarcacións do remo galego e deixou tamén protagonismo para o Club de Remo Chapela, que conseguiu a terceira posición na proba feminina.

O CR Salgado-Perillo foi o vencedor da final feminina cun tempo de 11:28,16, mentres que o SD Tirán-Pereira ocupou a segunda posición, a pouco máis de cinco segundos, cun rexistro de 11:34,06. Chapela-Wofco completou o podio cun tempo de 11:41,56, nunha regata disputada sobre un percorrido de 2.778 metros.

As finais disputáronse este domingo despois da xornada clasificatoria do sábado, que presentou como principal novidade un cambio no formato. Mantívose a contrarreloxo, pero nesta ocasión as embarcacións tomaron a saída de dúas en dúas e en dous carreiros, determinando os resultados a composición das quendas finais.

Na categoría masculina, o CR Cabo da Cruz fíxose coa vitoria cun tempo de 20:25,98, por diante de Tirán-Pereira, segundo con 20:41,39, e Samertolameu-Oversea, terceiro con 20:46,63.

Chapela pecha a Liga Feminina como subcampioa

O resultado do Teresa Herrera chega ademais despois dunha boa tempada para a embarcación feminina de Chapela. Chapela-Wofco rematou a Liga Galega de Traiñeiras como subcampioa, por detrás de Salgado-Perillo, que se proclamou campioa, e por diante de Tirán-Pereira.

Na última xornada da competición, disputada en Cabo da Cruz, Chapela foi cuarta, resultado suficiente para conservar a segunda posición da clasificación xeral e pechar a temporada cun novo podio no seu palmarés.

Na Liga A, pola súa banda, Cesantes-Rodavigo rematou na novena posición da clasificación xeral, polo que a embarcación competirá a próxima tempada na Liga B. O título foi para Cabo da Cruz e Tirán-Pereira acompañarao no playoff de ascenso.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará