Os populares critican que un espazo recoñecido a nivel nacional e un atractivo de Redondela careza do mínimo acondicionamento e presente unha imaxe chea de maleza de grandes dimensións, ferruxe, un aspecto descoidado, suciedade e pezas rotas. Acusan ao goberno local de ter abandonado un camposanto que no ano 2022 foi recoñecido a nivel nacional como o camposanto máis bonito de España.
Os populares denuncian o deterioro e a degradación deste espazo que presenta maleza de grandes dimensións, ferruxe en todas as pezas metálicas, bordos e canalizacións, un aspecto descoidado en todo o ámbito, suciedade e pezas rotas consecuencia “da falta de mantemento e acondicionamento desde o Concello”,
Lembran que este cemiterio forma parte do patrimonio municipal con case 170 anos de historia, ademais de estar catalogado como “cemiterio histórico” pola Deputación. A secretaria xeral do PP local, Susana Cabaleiro explica que é “unha mágoa que tendo un espazo para presumir e poñer en valor, que forma parte importante da historia de Redondela e do noso acervo cultural e arquitectónico, estea esmorecendo por completo pola inacción e falta de xestión de Digna Rivas”.
Ante esta situación, os populares reclámanlle ao executivo municipal que actúe de inmediato neste camposanto para devolverlle o seu esplendor e proceda de xeito urxente á súa limpeza, acondicionamento, roza e á execución de todas as tarefas necesarias para a súa posta en valor.












