Hoxe é Venres 5 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

MeigArco logra catro títulos galegos no Campionato Galego de Campo

710756400_1555709989898890_8170172122234999927_n

O club de tiro con arco MeigArco asinou unha destacada actuación no Campionato Galego de Campo celebrado o pasado 30 de maio en A Rúa, ao conquistar catro ouros galegos e unha prata.

Raquel Domínguez proclamouse campioa galega en Arco Instintivo Sénior Feminino, mentres que Mel Sanjorge e José Ángel Casal acadaron o título galego nas categorías de Arco Longbow Sénior Feminino e Masculino, respectivamente. Pola súa banda, Txema Rodríguez conquistou o campionato galego en Arco Composto Sénior Masculino.

Ademais, Óscar Casal logrou o  título de subcampion galego en Arco Longbow Sénior Masculino.

O club tamén quixo destacar a participación de Alfonso Veiga, Vio Peitieiros e Alejandro López, que competiron con solvencia nas eliminatorias e quedaron ás portas das medallas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará