O Concello de Redondela recoñeceu a traxectoria do xogador de fútbol sala Pachu, que actualmente milita nas filas do Xota FS de Pamplona. Pachu cumpriu o pasado mes de abril o soño de debutar coa Selección Española nos partidos amigables disputados na cidade de Nokia (Finlandia), onde ademais estreouse como goleador coa camiseta de ‘La Roja’.
O veciño do municipio e actual xogador do CD Xota FS de Pamplona recibiu no Concello o recoñecemento “Orgullo redondelán” aproveitando os días de descanso que o xogador pasa no municipio. Rivas destacou que o distintivo ‘Orgullo redondelán’ premia un rendemento deportivo excepcional que tivo o seu cume este mesmo ano coa chamada da Selección Española absoluta. Durante a entrega, a alcaldesa fixo especial fincapé na faceta académica do galardoado, licenciado en Enxeñería Biomédica.
O edil de deportes gabou a traxectoria do xogador como un referente absoluto para toda a base do deporte local. O xogador estivo arroupado pola súa familia, e tamén asistiron ao acto os concelleiros da corporación municipal Iván Crespo e Julio Mougán.
Pablo García agradeceu o distintivo e amosou un fondo orgullo polas súas raíces, ao lembrar a súa participación como danzante na Festa da Coca.









