Hoxe é Venres 29 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

9Louro chega ao Choquiño Urban Fest: consolídase como referente da escena urbana galega coa xira de AMORRER

9Louro-4

Foto de @gxmezphotos

O artista de Muros, 9Louro, está de xira co seu segundo traballo AMORRER. Trátase dun dos nomes máis importantes da nova escena urbana galega e este sábado comparte cartel do Choquiño Urban Fest xunto con Ortiga e Kike Varela. 

Aos 21 anos, Martín Louro xa se consolidou como un dos artistas con máis proxección da xeración máis nova. Despois de debutar en 2024 con Nove Noves, en febreiro deste ano lanzou AMORRER, un disco no que explora a súa situación actual de forma intensa e sincera. Recoñece que o éxito chegou “bastante rápido”. “O ano pasado puiden facer 24 concertos e o público canta as cancións, teñen boa acollida. Aínda non dou asimilado que podo vivir da música. É un privilexio”, confesa.

Sobre a escena actual, 9Louro valora positivamente o momento que vive a música urbana en galego: “Somos unha xeración de rapaces normais de 20 anos que contamos as nosas vivencias no noso idioma. Creo que estamos a normalizar que se poida facer música urbana en galego sen que sexa algo raro. Iso é moi importante para a nosa cultura”.

O título do seu último traballo, AMORRER é unha reflexión sore o seu momento actual no que quere ir “a morte con isto”, con facer música. O disco é unha montaña rusa de emocións: hai temas para bailar, outros máis románticos e tristes. “Quería que houbese variedade para que todo o mundo atopase algo”, explica. Louro destaca a colaboración con Yuly, co que ten unha conexión creativa moi forte: “El consegue darlle forma ás miñas ideas. Traballamos moi ben xuntos”.

O artista tamén avanza que xa está a traballar en novos sons, incluída unha colaboración con produtores de fóra de Galicia. “Quero ter un catálogo diverso. Quero explorar, probar ritmos novos e crear o meu propio universo creativo, tanto na música como no directo e a imaxe”.

9Louro deixa unha mensaxe clara para quen quere facer arte: “Se queredes crear, mirade sempre cara vós mesmos. Iso é o que fai que o teu traballo sexa único”.

Este sábado, 9Louro subirá ao escenario do Choquiño Urban Fest xunto a artistas como Ortiga e Kike Varela. Un concerto que promete ser unha montaña rusa de emocións, tal e como el mesmo define a súa música. E no que pode que escoitemos “Veráns” a última colaboración lanzada con Ortiga.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará