Hoxe é Venres 29 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela reclama a Adif que paralice os traballos nocturnos en Chapela

pleno chapela lectura

A moción, presentada pola Asociación de veciños da parroquia, foi aprobada por unanimidade na sesión plenaria celebrada onte. Todos os partidos políticos lamentaron a situación que padecen os veciños do Cubillón, a avenida de Vigo e Laredo, cuxo dereito ao descanso está a ser vulnerado debido as obras que se están a realizar nas inmediacións do futuro apeadoiro da parroquia. O pleno instará a Adif a suspender os  traballos en horario nocturno e a implantar medidas correctores para minimizar as molestias polos ruídos.

A Asociación de veciños trasladaba este xoves ao Pleno Municipal as súas queixas polos ruídos provocados polas obras que ADIF está a executar en horario nocturno na contorna ferroviaria da parroquia. Segundo explican as persoas afectadas, os traballos que se están a desenvolver entre as 00:30 e as 5:00 horas, aproveitando a ausencia de tráfico ferroviario, impide aos residente conciliar o sono. Denuncian que levan semanas soportando o ruído constante de escavadoras, perforadoras, camións e maquinaria pesada, ademais de pitidos e movementos de terra que se prolongan ata altas horas da madrugada.

Victoria Pichel AVV Chapela

A problemática chegaba ao Pleno Municipal a través dunha moción na que se recollían as demandas veciñais:  que Adif suspenda os traballos nocturnos no tramo de Guixar a Redondela de xeito inmediato, especialmente nas zonas próximas a núcleos residencias densamente habitados como son a Avenida de Vigo e as rúas Cubillón, Laredo e anexas.

Tamén reclaman un calendario detallados das obras pendentes especificando horarios, duración prevista e actuacións concretas que deban realizarse en horario nocturno así como a inmediata implantación de medidas correctoras para minimizar o impacto acústico e vibratorio das obras durante a noite.

Desde o grupo de goberno, o edil Antonio Cabaleiro explicou que o Concello ten unha capacidade de actuación limitada ao tratarse dunha obra de carácter supramunicipal, aínda que asegurou que seguirán mantendo contactos con Adif para tratar de modificar os horarios dos traballos.

Antonnio Cabaleiro, PSOE

Pola súa banda, desde AER animan á cidadanía a presentar reclamacións ante Adif e o Ministerio de Transportes para incrementar a presión institucional e social. O concelleiro Roberto Villar mostrouse, non obstante, escéptico respecto á posibilidade de que trasladen as obras a outro horario debido ás implicacións que iso tería para a circulación ferroviaria.

Roberto Villar, AER

Tanto o BNG como o PP aproveitaron o debate para criticar ao goberno local por non anticiparse a esta situación.

O nacionalista Xoán Carlos González lembrou que se trata dunha “obra necesaria”, aínda que lamentou que os horarios escollidos sexan incompatibles co descanso da veciñanza. Insistiu tamén en que o goberno debería terse adiantado a esta situación e criticou que o proxecto no fora  abordado previamente no Consello Parroquial de Chapela.

Xoán Carlos González, BNG

Nunha liña semellante pronunciouse o popular Miguel Ángel Ballesteros, quen reprochou ao executivo local a súa “falta de previsión” por non ter creado previamente unha comisión de seguimento integrada por Adif, Concello e representantes veciñais para supervisar o desenvolvemento das obras e atender posibles incidencias.

Miguel Ángel Ballesteros, PP

Os acordos aprobados no pleno serán remitidos tanto a Adif como ao Ministerio de Transportes co obxectivo de que adopten medidas correctoras que garantan o dereito ao descanso das persoas residentes nas inmediacións das obras.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará