Hoxe é Venres 29 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela acolle unha xornada de limpeza ambiental no río Fondón

694060541_1391024936392856_6091264331645399829_n (2)

O río Fondón acollerá o vindeiro sábado 30 de maio unha nova xornada de limpeza ambiental dentro da campaña “1m² contra a basuraleza”, promovida por Proyecto LIBERA. A actividade desenvolverase a partir das 10:30 horas e terá unha duración aproximada de tres horas.

As persoas participantes reuniranse na Fonte da Fraga, na avenida Redondela-Chapela, para colaborar na retirada de residuos acumulados na contorna natural do río. A organización facilitará luvas, bolsas e seguro para os asistentes.

A iniciativa busca concienciar sobre o impacto do lixo nos espazos naturais e fomentar a participación cidadá na conservación do medio ambiente. O evento conta co apoio de SEO/BirdLife e Ecoembes.

As persoas interesadas en participar poden solicitar máis información a través do correo electrónico avvchapela@gmail.com ou no teléfono 649 376 094.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará