Hoxe é Martes 22 de Setembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Loito no mundo do remo trala prematura morte de Iván Castro “Pincho”

iván

Foto: Club de Remo de Chapela

Iván Castro Sobrado, coñecido como  “Pincho” falecía na tarde de onte vítima dun infarto de miocardio con tan só 46 anos de idade. Natural da parroquia de Cedeira, Castro formaba parte da familia do Club de remo de Chapela onde adestraba ás categorías inferiores. A entidade anunciou quen suspende as celebracións previstas para esta fin de semana “co corazón encollido e aínda en shock, comunicamos a cancelación do X Día do Remo de Chapela tras o tráxico falecemento do noso compañeiro e amigo”.

Iván saía onte a adestrar e comezou a sentirse mal cando corría polas proximidades da Praia de Arealonga. Todo apunta a que sufriu un infarto que lle costou a vida.  A noticia produciu unha forte conmoción no club de remo de Chapela , ondea destraba ás categorías inferiores e colaboraba activamente en calquera actividades onde o precisaran.

“Pincho era unha persoa excepcional, profundamente implicada co club e con todo o que o rodeaba. Sempre disposto a botar unha man, era deses compañeiros que suman e que fan que todo sexa máis fácil e divertido” explicaban dende as filas do club.

Trasladaban tamén o seu pésame a súa muller e fillos así como ao resto da familia “déixasnos un pouco orfos a todos, vas estar sempre presente na nosa memoria, empurrando con nós en cada palada e recordándonos o verdadeiro significado de facer equipo”.

Iván Castro foi tamén un dos impulsores do “banco de Cedeira”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará