Hoxe é Martes 22 de Setembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Humor na súa tinta” regresa a Redondela con sete espectáculos de comedia

humor na súa tinta

A IX edición do ciclo Humor na súa tinta” traerá a Redondela sete noites de comedia entre setembro e marzo. A programación arrincará este sábado 26 de setembro ás 20:30 horas, coa actuación do humorista David Domínguez, que presentará o espectáculo “El raro de los 90s”. As entradas estan á venda online en Ataquilla a partir de 16,60 euros.

A segunda cita será o 17 de outubro, tamén ás 20:30 horas, con Andrés Torres e o seu espectáculo Los hijos adolescentes. O ciclo continuará o 21 de novembro, ás 20:30 horas, coa actuación de David Fernández, que levará ao escenario No estoy bien.

Xa no mes de decembro, o domingo 20, ás 18:30 horas, será a quenda de Miki Dkai, con Hoy se lía. A programación continuará en 2027 con Carlos Blanco, que presentará A penúltima o 16 de xaneiro ás 19:00 horas.

O 20 de febreiro, tamén ás 19:00 horas, chegará a quenda de Miguel Noguera, co seu espectáculo Ultrashow. A edición pecharase o domingo 7 de marzo ás 19:00 horas con Eva y Qué e Me tenéis frita.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará