Hoxe é Martes 22 de Setembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR avanza cara as semifinais da Copa Federación

818553875_1686106126857641_2264236668537570297_n

A fin de semana deixou bos resultados para os equipos da SAR nas competicións da Copa Federación, nunha xornada na que tamén o conxunto sénior disputou en A Guarda a segunda edición da Supercopa Rexional Ibérica Galicia-Porto.

Na Copa Federación, a SAR OPmobility, de Primeira Autonómica, pechou a fase de grupos cun pleno de vitorias despois de superar por 30-25 ao Balonmán Moaña. O triunfo permite ao equipo de Redondela avanzar ás semifinais do torneo, que se disputarán o vindeiro 26 de setembro, ás 19:00 horas, na Bomboneira, ante o Arteixo.

Non tivo a mesma sorte o Balonmán Chapela, que caeu derrotado ante o Carballal por 23-28. Este resultado deixa o conxunto fóra da competición da Copa Federación, despois de rematar no terceiro posto do seu grupo.

Pola súa banda, a SAR Globalmar, de Segunda Autonómica, conseguiu o pase á final da Copa Federación tras vencer ao Balonmán Abegondo por 36-30. O equipo redondelán foi de menos a máis no encontro e chegou ao descanso cunha vantaxe de cinco goles (17-12), para posteriormente ampliar a diferenza na segunda metade e selar a clasificación.

A SAR, subcampioa da Supercopa Rexional Ibérica

A Guarda converteuse durante toda a fin de semana no punto de encontro do balonmán galego e portugués coa celebración da segunda edición da Supercopa Rexional Ibérica Galicia-Porto. O Pavillón Municipal da Sangriña acolleu oito encontros das categorías infantil, cadete, xuvenil e sénior, tanto femininas como masculinas, cos campións de Galicia e da Associação de Andebol do Porto da tempada 2025/2026 como protagonistas.

No caso da SAR, o equipo sénior afrontou o domingo o reto de medirse ao Aguas Santas de Portugal pola Supercopa Ibérica Regional. O encontro estivo marcado pola igualdade e a intensidade, con ambos os conxuntos mantendo un elevado nivel competitivo durante os 60 minutos. A igualdade foi tal que foi necesario acudir á prórroga para decidir o vencedor. Finalmente, o triunfo foi para o equipo portugués por un axustado 33-34, deixando á SAR como subcampioa da Supercopa Rexional Ibérica.

O conxunto redondelán pecha así unha fin de semana esixente, pero tamén con boas sensacións e aprendizaxes de cara ao inicio da competición ligueira. A Primeira Autonómica dará comezo o vindeiro 4 de outubro, polo que a SAR encara xa a recta final da preparación para o inicio da liga.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará