As festas de San Fausto de Chapela celebraranse do 10 ao 13 de outubro cun programa que combina actividades para a mocidade, música, tradición e gastronomía. Organizada dende a Círculo Cultural da parroquia, unha das citas principais citas chegará o domingo 11 de outubro, coa actuación de Leticia Sabater, que subirá ao escenario ás 23:30 horas.
A cantante e presentadora será o prato forte dunha noite que comezará ás 18:00 horas con actividades para a mocidade e continuará ás 21:30 horas coa actuación do grupo musical Los Alkar. A continuación subirase ao escenario a artista catalá que ofrecerá un concerto onde de seguro non faltará os seus grandes éxito como a “La Salchipapa” e “Toma Pepinazo”, ademais de versións de clásicos do pop español.
O programa festivo arrancará xa o día anterior, o sábado 10, con actividades xuvenís desde as 18:00 horas e as actuacións de La Conexión e Trío Azar a partir das 21:30 horas.
A xornada do luns 12 estará máis vinculada á tradición, coa misa cantada pola coral O Piñeiral ás 12:30 horas, seguida da procesión e da actuación do grupo folclórico Anaquiños de Chapela. Ás 14:30 horas terá lugar a tradicional comida popular, con carne ao caldeiro, e pola tarde actuarán Dúo Gema e Tic Tac.
As festas pecharanse o martes 13 de outubro coa misa cantada e a procesión, unha sesión vermú ás 13:30 horas, o Día do Neno ás 18:00 e o remate das celebracións ás 21:00 horas.










