Hoxe é Martes 22 de Setembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bo arranque dos equipos femininos de Redondela na Copa Federación de balonmán

796276097_1087918543622998_4499036339393190590_n

A Copa Federación de balonmán feminino xa botou a andar cunha primeira xornada na que os equipos de Redondela deixaron boas sensacións. A SAR Impernoroeste, o Balonmán Chapela e As Choqueiras-La Fábrica estrearon a competición con vitorias.

A SAR Impernoroeste protagonizou un contundente debut ante o Balonmán Caselas, nun partido que as locais dominaron desde o inicio. O equipo saíu cunha gran intensidade e foi ampliando progresivamente a súa vantaxe ata chegar ao descanso cun claro 18-2. Na segunda metade, a SAR mantivo o ritmo e continuou traballando con intensidade para ampliar aínda máis a diferenza. O encontro rematou cun 36-9, permitindo ás de Redondela comezar a súa andaina na Copa Federación cunha importante vitoria. Na seguinte xornada tocaralles desprazarse á pista do Balonmán Porriño.

Tamén comezou con triunfo a competición para o Balonmán Chapela, que tivo que xogar como visitante ante o Porriño. As de Chapela conseguiron impoñerse por 25-32 nun encontro que lles permite sumar os primeiros puntos da fase de grupos. O seguinte compromiso será no Pavillón Municipal Manuel González Soto, onde recibirán o Lalín.

Pola súa banda, As Choqueiras-La Fábrica xa disputaron dous partidos nesta fase de grupos e suman dúas vitorias. No primeiro encontro superaron ao Poio Artai por 31-12, mentres que no segundo venceron ao Lavadores B por 22-18. O próximo partido as levará ata a pista do Samertolameu.

A Copa Federación serve así como primeira toma de contacto antes do inicio das ligas regulares de Primeira Autonómica e Segunda Autonómica Feminina, que están previstas para o 25 de outubro.

As infantís da SAR quedaron campioas da II Súper Copa Ibérica Rexional

A Guarda foi durante toda a fin de semana o punto de encontro do balonmán galego e portugués coa celebración da segunda edición desta Supercopa, que reuniu no Pavillón Municipal da Sangriña aos equipos campións de Galicia e da Associação de Andebol do Porto da tempada 2025/2026 nas categorías infantil, cadete, xuvenil e sénior, tanto femininas como masculinas.

A xornada do sábado estivo dedicada ás categorías femininas e deixou, entre outros resultados, o título para o SAR Rodavigo na categoría infantil feminina. O equipo redondelán conseguiu a primeira vitoria da fin de semana ao superar ao Almeida Garrett por 34-22.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará