Hoxe é Mércores 2 de Setembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior ofrece un monográfico de expresión corporal e mimo

790712538_4622489638040799_37996852834941152_n

O Concello de Soutomaior continúa coa programación dos Monográficos Teatrais 2026 cunha nova proposta centrada na expresión corporal e o mimo. A actividade, de carácter gratuíto, desenvolverase o venres 25 de setembro, entre as 17:00 e as 20:00 horas, na Carballeira de Candán.

A formación está dirixida ao público xeral maior de 16 anos e busca achegar as persoas participantes a diferentes habilidades e técnicas comunicativas a través das artes escénicas. A sesión estará impartida pola artista Andrea Castro e terá unha duración aproximada de tres horas.

O primeiro dos contidos será a expresión corporal, que se traballará a partir dos catro elementos da natureza —aire, auga, terra e lume— co obxectivo de desenvolver a conciencia corporal, a creatividade e a capacidade de interacción co espazo.

A segunda parte estará dedicada ao mimo, cunha introdución ás súas principais técnicas a través de exercicios prácticos. As persoas participantes terán a oportunidade de aplicar o aprendido na composición dunha pequena peza teatral dunha duración aproximada de entre tres e cinco minutos.

A actividade conta con 15 prazas limitadas, das que actualmente quedan dispoñibles 12, e a participación é totalmente gratuíta. A preinscrición en liña está aberta desde o 31 de agosto ás 09:30 horas e poderá realizarse ata o 16 de setembro de 2026.

En caso de condicións meteorolóxicas adversas, a actividade trasladarase da Carballeira de Candán á Casa da Cultura Rexina Míguez Doval de Soutomaior.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará