Hoxe é Sábado 22 de Agosto de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Entroido de Verán vívese en Redondela

WhatsApp Image 2026-08-22 at 22.14.32

Foto do tardeo na Praza de Figueroa

Redondela está a vivir este sábado unha nova edición do Entroido de Verán, que tras unha tarde dedicada especialmente aos máis cativos e ao tradicional ambiente de festa na Alameda de Castelao e polas rúas do centro, dará paso a unha noite marcada pola música e os concertos.

A tarde estivo marcada pola variedade e a creatividade dos disfraces, con referencias ao eclipse, á popular “Casita” de Bad Bunny, superheroes e personaxes do anime, xunto cos xa tradicionais piratas, vaqueiros e indios. Unha combinación moi variada e colorida que encheu de ambiente o centro da vila.

A programación nocturna comezou no Campo da Feira coa tradicional Gala Drag e continuará ás 23:00 horas coa actuación de Monoulious DOP. Ás 00:30 horas será a quenda da banda arxentina Ráfaga, que repasará os seus temas máis coñecidos ata as 2:15 horas. A festa continuará cos DJs Kike Varela e Rodri Vegas ata as 04:00 horas.

Para facilitar os desprazamentos, o Concello habilitou autobuses nocturnos con conexións con Vigo, Pontevedra e O Porriño, con servizos de regreso ata as 06:00 horas.

A elevada afluencia prevista tamén implica un amplo dispositivo de seguridade, no que participan Policía Local, Policía Nacional, Garda Civil e Protección Civil. Haberá controis nos accesos, así como de alcoholemia e drogas.

Ademais, instalouse un hospital de campaña diante do Concello, con persoal sanitario en coordinación co PAC de Redondela para poder actuar con rapidez ante posibles emerxencias. Estará prohibida tamén a entrada de recipientes de cristal nos espazos oficiais da celebración.

O dispositivo conta igualmente con dous Espazos de Igualdade para previr e atender posibles situacións de violencia machista, ademais dun Punto Arcoiris. O Concello fai un chamamento ao civismo e á responsabilidade para que o Entroido de Verán se desenvolva nun ambiente seguro e respectuoso.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará