Hoxe é Venres 21 de Agosto de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Tardeo Solidario recada preto de 4000 euros para Cáritas Redondela

tardeo

A Fundación Conchita Regojo celebrou o pasado mércores día 12 no Pazo de Santa Teresa de Redondela a terceira edición do seu Tardeo Solidario, unha iniciativa a beneficio de Cáritas que reuniu arredor de 300 persoas e permitiu recadar un total de 3.869,35 euros para a entidade social.

A celebración coincidiu co eclipse solar do 12 de agosto, polo que os participantes, na súa maioría persoas novas, puideron seguir o fenómeno desde a parte alta da finca do pazo empregando as gafas especiais incluídas coa entrada.

A xornada contou tamén coa actuación do grupo tradicional Froles Mareliñas, que puxo a música de gaitas, pandeiretas e bailes á tarde. A continuación, os asistentes puideron desfrutar dun cóctel servido nos xardíns do Pazo de Santa Teresa.

O programa rematou cun sorteo de agasallos doados por diferentes empresas e establecementos comerciais de Vigo e Redondela, que colaboraron así coa finalidade solidaria do evento.

A terceira edición do Tardeo Solidario consolida así esta iniciativa da Fundación Conchita Regojo, que combina unha actividade de carácter lúdico e cultural coa colaboración co labor asistencial de Cáritas Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará