Hoxe é Luns 3 de Agosto de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela recupera sensacións en Santurtzi e abandona o último posto da clasificación

1785693745_2

Foto de Aitor Arrizabalaga para a Liga ACT

A traiñeira da Arealonga asinou este sábado en Santurtzi a súa mellor actuación do verán cun brillante sexto posto que lle permite abandonar o último posto da Liga ACT. A embarcación de Chapela reaccionou tras un complicado fin de semana anterior e, despois de impoñerse con autoridade na primeira quenda, conseguiu deixar por detrás a tres traiñeiras da segunda, nun resultado clave para a loita pola permanencia. Ademais, a última posición de Ares na regata permite aos de Juan Zunzunegui abrir unha vantaxe de catro puntos sobre o seu principal rival na clasificación xeral.

A competición non comezou do mellor xeito para a Arealonga, que pasou a primeira ciaboga na última posición. Porén, a tripulación soubo remontar cun forte ritmo de palada e aproveitou as condicións do mar para liderar a súa quenda e cruzar a meta cun tempo que finalmente lle valeu un destacado sexto posto absoluto. A Liga ACT continúa este domingo en Lekeitio, onde Chapela buscará consolidar esta recuperación e manter a distancia con Ares na pelexa por evitar o descenso directo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará