Hoxe é Luns 3 de Agosto de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Bandeira Concello de Redondela cae do lado de Cabo da Cruz

763050707_1641839121282688_8139927581857923257_n

Cesantes acolleu este domingo a XLI Bandeira Concello de Redondela, oitava xornada da Liga Galega de Traiñeiras – Trofeo Xunta de Galicia, nunha regata marcada pola igualdade e a emoción ata os últimos metros. A líder Cabo da Cruz confirmou o seu gran momento de forma ao lograr a súa sétima vitoria consecutiva, superando por apenas cinco segundos a Tirán-Pereira, mentres que Mecos completou o podio tras un axustado desenlace fronte a Samertolameu-Oversea. Pola súa banda, Cesantes-Rodavigo rematou por detrás de Castropol por só un segundo na súa quenda, nunha das loitas máis igualadas da mañá.

Co triunfo en augas redondelás, Cabo da Cruz dá un paso importante cara ao título cando só restan tres xornadas para o remate da competición. A clasificación xeral deixa á embarcación boirense con 11 puntos de vantaxe sobre Samertolameu e 12 respecto de Tirán, mentres que a pelexa entre os dous conxuntos de Moaña polo segundo posto e o acceso ao play-off de ascenso continúa completamente aberta. A próxima cita disputarase o vindeiro domingo no campo de regatas de Tirán.

No resto da clasificación, Bueu-Simei finalizou na quinta posición, a só 12 centésimas de Samertolameu, seguido de Mugardos, sexto. Narón cruzou a meta en sétimo lugar, por diante de A Cabana Ferrol, mentres que Castropol foi noveno tras superar por pouco máis dun segundo ao conxunto anfitrión, Cesantes-Rodavigo, que pechou a clasificación da bandeira na décima posición. A igualdade marcou boa parte da regata, con diferenzas moi reducidas en varios dos enfrontamentos directos disputados nas augas da enseada de San Simón.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará