Hoxe é Luns 27 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello de Redondela anuncia “débeda cero” e o aforro de máis de 156.000 euros

Digna.Rivas

O Concello anuncia que liquidou de maneira anticipada o préstamo de 746.462 eurosformalizado en novembro de 2024, un movemento que lle permitiu poñer fin ao plan de axuste municipal e alcanzar a débeda cero. A amortización, prevista inicialmente para un prazo de 15 anos, completouse en apenas un ano, o que supón un aforro de 156.710 euros en concepto de xuros, segundo informou o goberno local.

A alcaldesa, Digna Rivas, salientou que este resultado demostra a “excelente saúde financeira” das contas municipais e permitirá ao Concello afrontar novos investimentos “con total autonomía económica e sen hipotecar o futuro do municipio”. A rexedora lembrou que o préstamo fora asinado cun tipo de xuro do 2,737 % e destacou que o pago anticipado repercute directamente no beneficio da cidadanía ao reducir o gasto financeiro das arcas municipais.

Rivas aproveitou tamén para reivindicar a solvencia do Concello tras os problemas derivados do fallo informático rexistrado hai tres anos, que provocou a perda de datos no departamento de Intervención e atrasou a presentación das contas xerais.

Digna Rivas.

A alcaldesa insistiu en que aquelas dificultades responderon a unha incidencia técnica “transitoria” e agradeceu expresamente o traballo do persoal técnico e dos funcionarios municipais, aos que atribuíu a recuperación da normalidade administrativa. Segundo destacou, a saída anticipada do plan de axuste e a cancelación total da débeda confirman a recuperación económica do Concello e abren unha nova etapa para impulsar investimentos estratéxicos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará