Hoxe é Domingo 26 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Atopan en Redondela un cadáver que todo apunta corresponde María Pereira, desaparecida hai case un mes

desaparecida

Foto: Imaxe das batidas realizadas na zona

Un particular localizou ao mediodía deste domingo o corpo sen vida dunha persoa na contorna do rego da Preira, na parroquia de San Estevo de Negros, en Redondela, case un mes despois da desaparición de María Pereira, unha muller de 75 anos, veciña de Vigo.

O aviso foi recibido polo 112 Galicia ás 13.35 horas, o que motivou a mobilización do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como de efectivos da Policía Nacional e da Policía Local. As forzas de seguridade fixéronse cargo da investigación para esclarecer as circunstancias do falecemento.

O cadáver apareceu nun punto de difícil acceso e con abundante vexetación, a aproximadamente un quilómetro do lugar onde voluntarios e familiares estableceran un dos puntos de encontro durante os labores de procura. Ademais, o achado produciuse moi preto da zona na que días atrás fora localizado un pano que pertencía á desaparecida, un dos principais indicios cos que contaban os investigadores.

A falta da confirmación oficial da identidade, fontes próximas á investigación apuntan a que o corpo corresponde á muller desaparecida desde finais de xuño. As primeiras hipóteses apuntan a que puido desorientarse mentres camiñaba pola zona e sufrir unha caída, aínda que será a investigación policial e o resultado da autopsia o que determine as causas exactas do falecemento.

A desaparición da muller mobilizou durante semanas un amplo dispositivo de procura no que participaron familiares, veciñanza, voluntariado e efectivos de distintos corpos de emerxencias, con intensos rastrexos na contorna de San Estevo de Negros. O levantamento do cadáver realizouse durante a tarde deste domingo en presenza da familia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará