Hoxe é Martes 21 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior reparte gafas homologadas para observar a eclipse solar con seguridade

eclipse

Soutomaior facilitará á veciñanza gafas de filtro solar homologadas para seguir con seguridade a vindeira eclipse solar. A iniciativa busca promover unha observación segura deste fenómeno astronómico e evitar os riscos que supón mirar directamente ao Sol sen a protección axeitada.

As persoas interesadas poderán recoller as gafas de balde en tres puntos do municipio: no Concello de Soutomaior, de luns a venres entre as 9:00 e as 14:00 horas; na Oficina de Turismo, de xoves a luns de 16:30 a 19:00 horas; e na Biblioteca Municipal, tamén de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas. A entrega limitarase a un máximo de dúas unidades por persoa e realizarase ata esgotar existencias.

Ademais das gafas, cada persoa recibirá un díptico informativo con recomendacións e consellos para gozar da eclipse con total seguridade, así como información de interese sobre este fenómeno astronómico.

Desde o Concello lembran a importancia de non observar nunca un eclipse directamente sen empregar gafas homologadas, xa que pode provocar lesións graves e irreversibles na visión.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará