Hoxe é Martes 21 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP impulsa un pleno extraordinario para pedir o centro sociocultural na Marisma e melloras na N-552

pp-javier-1024x682

O Multiúsos da Xunqueira acollerá este xoves 23 ás 17.00 horas unha sesión plenaria extraordinaria que inclúe na orde do día a paralización do proxecto do museo co obxecto de substituílo “por outro máis ambicioso que contemplaría a construción dun gran centro sociocultural na zona da Marisma”, a xestión directa do servizo de socorrismo, a creación dunha brigada de extinción e a esixencia a Transportes para que execute a reforma da estrada N552 ao seu paso por Chapela.

O grupo municipal do PP de Redondela vén de impulsar un pleno extraordinario que este xoves debaterá catro propostas presentadas baixo o formato de moción.

En primeiro lugar, os populares solicitan un gran acordo da corporación para sacar adiante un Centro Cultural, Artístico e Xuvenil na Marisma que contaría cun gran auditorio modular do que carece Redondela, un espazo museístico, conservatorio, biblioteca, Casa da Xuventude e locais para asociacións. Esta proposta, que xa foi presentada no anterior pleno ordinario de xuño e non se debateu por falta de tempo, implicaría tamén a paralización do proxecto de construción dun museo nesta contorna, xa que dilapidaría os seus usos futuros e ademais xa estaría integrado no complexo proposto polo PP.

En segundo lugar, a formación liderada por Javier Bas esixe a creación urxente dun Servizo Municipal de Extinción e Prevención de Incendios “Non pode ser que haxa un equipo con só tres efectivos, nin que se minta sobre unha suposta falsa cooperación co Concello de Vigo e que un municipio tan grande, con tanto rural e tanto monte coma o noso non teña a súa brigada”, explicou o voceiro do PP Javier Bas.

Ademais, o PP tamén reclama que o Concello asuma a xestión directa do servizo de vixilancia, salvamento e socorrismo de praias para garantir unha axeitada prestación e resolución das incidencias nos areais co obxectivo de que non se repitan situacións como a deste ano, na que se carece do mesmo polo momento e comezará con retraso por cuestións de tramitación do concurso.

Finalmente, tamén se reclamará ao pleno que acorde instar ao Ministerio de Transportes a que cumpra de inmediato cos compromisos adquiridos coa plataforma de afectados, que liderou esta cuestión, por mor da ampliación da Autoestrada AP- 9 en Chapela e que pasan pola execución do proxecto de reordenación de accesos, mellora da seguridade viaria e adecuación da N-552 entre o Alto da Encarnación e o límite co Concello de Vigo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará