Hoxe é Martes 21 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A busca de María Pereira continúa con batidas por Redondela

desaparecida

A familia e amigos de María Pereira, a muller con alzheimer de 75 anos desaparecida o pasado 29 de xuño, continúan coa realización de batidas pola zona de Redondela para tratar de dar co seu paradoiro. Unha labores de procura que estes días están a realizarse na contorna do rego do Maceiras en Santo Estevo de Negros. O punto de encontro hoxe martes será nas inmediacións do parque da parroquia ao carón a vía do AVE ás 18:00 horas (localización: https://maps.app.goo.gl/1Dzb1tVUqJfDbLZp8?g_st=aw).

O cansazo e a falta de noticias pesan no ánimo da familia pero o seu fillo, Alexandre Porrúa mantén a esperanza de localizar a súa nai nalgún punto de Redondela. Malia que se teñen peiteado varias zonas de Cedeira, San Estevo de Negros, Vilar de Infesta ou o Chan de Pipas en Saxamonde, agora as batidas están a ser máis exhaustivas e con maior detemento “para que non se nos escape ningún recuncho”.

O motivo de insistir nesta zona é porque nos días próximos a desaparición de María todos os indicios apuntaban a que poderían estar perdida por Saxamonde ou Negros e, segundo lles trasladaron dende a Policía Nacional “as estatísticas apunta a que as persoas protagonistas deste tipo de desaparición adoitan atoparse a menos dun kilómetro de distancia da última localización da que se ten constancia”.

Logo de máis de tres semanas desaparecida, fan unha vez mais un chamamento a toda a veciñanza para que se achegue as súas fincas ou mire entre a maleza ou en calquera galpón no que María Pereira se poida ter metido. Lembran que pola súa enfermidade tampouco se pode atender a ningunha lóxica sobre os seus pasos.

A incerteza e o cansazo aumentan co paso dos días, especialmente pola ausencia de novas pistas que permitan orientar a procura. A pesar diso, a familia mantén firme o seu compromiso de seguir buscando ata atopala. “Non imos parar ata dar con ela; é a única maneira de poder ter un pouco de paz”, aseguran.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará