Hoxe é Luns 22 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela fai historia cun dobrete na Bandeira Deputación de Pontevedra de Traiñeiras

remo chapela

A Bandeira Deputación de Pontevedra de Traiñeiras volveu este domingo ao calendario deportivo –logo de quince anos sen celebrarse- cunha xornada histórica marcada polo dominio do Club de Remo Chapela, que se proclamou vencedor tanto na categoría masculina como na feminina.

A competición masculina, que celebrou a súa XXII edición tras quince anos sen disputarse, coroou ao conxunto redondelán grazas a un tempo de 21 minutos e 26 segundos. Con este triunfo, Chapela engade por segunda vez o seu nome ao palmarés desta bandeira tras a súa vitoria do ano 2008. En segunda posición rematou a SD Tirán (21’38’’) e Samertolameu completou o podio (21’40’’).

A xornada estivo marcada polo fito que supuxo a celebración da I Bandeira Deputación de Pontevedra Feminina de Traiñeiras. O Club de Remo Chapela converteuse no gran protagonista da competición ao lograr a vitoria cun tempo de 11’20’’, por diante de Tirán (11’29’’) e de Amegrove (11’31’’).

A vicepresidenta e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, entregou as bandeiras aos equipos gañadores e salientou a importancia de recuperar esta competición quince anos despois coa estrea da categoría feminina.

A Bandeira Deputación de Pontevedra reuniu a máis de 180 deportistas, entre as dúas categorías, e aos mellores clubs da provincia. A xornada completouse coa celebración de diferentes actividades vencelladas ao remo destinadas ao deporte base ao abeiro de O Noso Club.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará