Hoxe é Luns 22 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As comunidades de augas de Redondela poden optar a axudas municipais de ata 3.000 euros

comunidade augas

O Concello de Redondela ten aberta a convocatoria de subvencións para sufragar os gastos correntes do ano 2025 das comunidades de augas do municipio. O importe máximo da axuda é de 3.000 euros por entidade e o prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o vindeiro 27 de xuño.

O obxectivo destas axudas é axudar a cubrir gastos de mantemento como os servizos básicos de electricidade, reparación de tubaxes ou bombas, analíticas de auga ou xestións como os seguros ou gastos de xestoría.

O concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar, sinala que con estas subvencións o Concello “apoia a labor destas entidades na xestión e preservación dun ben público esencial como é a auga”.

Toda a información e tramitación está dispoñible na sede electrónica do Concello de Redondela. O prazo de solicitude está aberto ata o 27 de xuño.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará