Hoxe é Luns 22 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aser Álvarez gaña o Premio de xornalismo Lueiro Rei

aser

O xornalista e politólogo Aser Álvarez alzouse co Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rei, convocado polo Concello de Fornelos de Montes, grazas ao seu artigo “O tema prohibido”. A peza gañadora aborda a problemática da contaminación ambiental xerada polas macrogranxas na comarca da Limia, pondo o foco nas súas consecuencias sociais e ambientais.

O xurado, composto polos xornalistas Ramón Rozas e Carme Vidal, xunto ao escritor Ramón Nicolás, destacou a valentía e o compromiso do texto coa denuncia dos danos ao medio ambiente e á saúde pública, así como a presunta impunidade das explotacións.

No seu artigo, Álvarez analiza a transformación paisaxística, social e económica que supón este modelo produtivo, e fai fincapé na deterioración do patrimonio fluvial galego, especialmente do río Limia, reclamando medidas urxentes.

Con este galardón, Aser Álvarez incorpórase á lista de recoñecidos co Premio Manuel Lueiro Rei de Xornalismo, un certame que xa premiou a figuras como Xoán Carlos Domínguez Alberte ou Montse Fajardo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará