Hoxe é Venres 19 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio século de tradición en Chapela

N

O grupo Anaquiños celebra esta fin de semana o seu 50 aniversario. Será cunha romaría moi especial na que participarán un total de 12 grupos de música tradicional galega. O evento desenvolverase dende as doce da mañá e ata as dez da noite na zona axardinada do Multiúsos do Piñeiral e inclúe tamén a presentación dun libro ilustrado con imaxes antigas da formación.

Os inicios do grupo remóntanse ao ano 1976, cando a ANPA do Colexio Público Igrexa apoiada polo seu director, tomarou a iniciativa de ofrecer como actividade extraescolar, clases de baile tradicional. Co paso do tempo e, consolidada a actividade, creouse como grupo de baile independente e, posteriormente, dada a necesidade de contar con grupo de gaitas propio, creáronse as seccións de gaita, percusión e pandeireta.

Na actualidade son máis de 80 persoas as que conforman as que participan de todas estas actividades.

O presidente da Asociación, Carlos Igrexas, explica que a formación foi medrando co paso dos anos con baixas pero tamén novas incorporacións que viviron un punto álxido en pandeireta ante o que el chama “o efecto Tanxugueiras”.

A celebración do sábado arrancará as doce do mediodía e prolongarase ata as dez da noite. Hai previstas as actuación de 12 grupos. Ademais das formacións do propio grupo Anaquiños, o público disfrutará da música e do baile de grupos como o Coro tradicional Tirapuxa do CC de Trasmañó, Pandeiretas de Agarimos, Grupo de Gaitas e pandeiretas Froles Mareliñas, grupo de acordeóns Algareiros do CCO de Cidadelle, pandeiretas Semente Nova da AC de Chapela, agrupación Coro o Estreito de Rande, gaiteiros Choran as Pedras de Chapela e coro Cantares do Brión de Vincios.

A romaría do 50 aniversario tamén homenaxeará as profesoras e profesores que formaron o grupo e preparan unha exposición de fotografías e lembranzas que se poderá ver durante toda a xornada.

Durante todo o día haberá bebida e comida (polbo, xamón asado, choripán, rosquillas e empanadillas). Tamén estará á venda un libro coa historia do grupo e con información sobre as partes do traxe tradicional galego ou as dos instrumentos. O volume inclúe fotos da evolución de Anaquiños.

Dende Anaquiños convidan a toda a veciñanza de Chapela e, en xeral, a todos que gustan da música e baile tradicional, que se acheguen este sábado a zona axardinada do Piñeiral do Crego.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará