Hoxe é Venres 19 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As praias de Redondela gozan dunha calidade da auga “excelente”

limpeza praias

As análises realizadas pola Consellería de Sanidade nas praias de Arealonga en Chapela, Rande e en dous puntos da praia de Cesantes superaron os controis que a Xunta realiza periodicamente acadando uns parámetros que permiten concluír que a calidade das augas é “excelente”. O mesmo acontece nas praias de Muxeira, Matilde e Xunqueira en Soutomaior. As mostras recolléronse na primeira semana de  xuño.

As análises reflicten a boa calidade da auga en practicamente todos os areais na ría de Vigo, algo que preocupa especialmente coa chegada da temporada estival e a visita dos bañistas ás múltiples praias da contorna. Así, os resultados dos controles microbiolóxicos das augas de zonas de baño de Galicia que realiza a Consellería de Sanidade deixan un resultado moi positivo nas Rías Baixas, xa que dos 73 puntos de augas analizadas so 3 presentaron un nivel máis elevado nas súas analíticas por valores máis altos en E.coli ou Enterococo. Con todo, incluso neses tres areais, A Ladeira en Baiona, O Fortiñón en Vigo e Praia América en Nigrán a calidade da auga é considerada como boa.

No caso de Redondela as mostras recollidas nos primeiros días deste mes amosan a boa calidade das augas ao sobrepasaren os controis sen problema. O mesmo sucede coas tres praias analizadas en Soutomaior. Reciben así a clasificación de “excelente”, denominación empregada pola Consellería de Sanidade para salientar a ausencia de contaminación nas súas augas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará