Hoxe é Martes 16 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP lamenta que o Ministerio non considere prioritario o arranxo da N-552 ao seu paso por Chapela

n552

Os populares critican a resposta do Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible, que sostén que a seguridade viaria está garantida e que as melloras previstas nesta estrada serán executadas segundo a súa prioridade dentro da planificación estatal. A deputada Irene Garrido considera “inadmisible” que o Ministerio afirme agora que a actuación non é prioritaria, cando o proxecto de mellora da seguridade viaria na N-552 estaba xa en fase de redacción en agosto de 2020.

O PP de Pontevedra pide novamente explicacións ao Goberno central despois da resposta achegada polo Ministerio de Fomento ante a demanda de información sobre o atraso da redacción do proxecto para a Avenida de Redondela que se corresponde co tramo da N-552 ao seu paso por Chapela.

Lembran que como consecuencia das obras de ampliación da AP-9, o Ministerio adquirira co Concello de Redondela e con distintos colectivos veciñais unha serie de compromisos destinados a paliar parte dos efectos negativos derivados da ampliación. Entre eses compromisos atopábase a redacción e execución dun proxecto de mellora da seguridade viaria e de adecuación da N-552 entre o Alto da Encarnación e o límite co termo municipal de Vigo.

Con todo, a día de hoxe esa obra segue sen executarse polo que os deputados nacionais, Irene Garrido, Pedro Puy e Juan Bayón, rexistraron hai dous meses unha iniciativa para que o Goberno dera as explicacións pertinentes sobre cales foron as causas polas que a redacción do proxecto leva parado 6 anos.

Os populares lamentan que a resposta sexa que a seguridade vial nesta estrada nacional estaba completamente garantida, e que “as actuacións de mellora se teñen en consideración dentro da planificación de actuación na Rede de Estradas do Estado e se executan no medio prazo as que teñen maior priorización”.

 A popular Irene Garrido considera “inadmisible que teñan a desfachatez de contestar algo cando o proxecto de adecuación e mellora da seguridade vial na Avenida de Redondela atopábase xa en fase de redacción dos proxectos da Rede de Estradas en agosto do ano 2020. Temos que ver como 6 anos despois de estar en redacción o proxecto, agora nos din que non é prioritario, cando foi un compromiso adquirido para paliar os efectos das obras da AP-9”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará