Hoxe é Martes 16 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tres xeracións da familia de Alexandre Bóveda celebran no CEIP de Angorén o 123 aniversario do galeguista

aniversario1

O CEIP de Angorén celebrou este luns o 123º aniversario do nacemento de Alexandre Bóveda, que dá nome ao centro. O acto contou coa presenza de tres xeracións directas do intelectual galeguista: a súa filla Amalia Bóveda, o seu neto Valentín García e o seu bisneto  Antón. Unha emotiva xornada na que se rendeu tamén homenaxe ao ilustrador de Polo correo do vento, Carlos Taboada, coa inuaguración dun aula sensorial que leva o seu nome.

A xornada vivida nas instalacións do colexio de Chapela contou con presenza institucional a cargo da tenente de alcaldesa, Rita Pérez e concelleiro de Ensino, Alberto Álvarez así como o director territorial de Educación, César Pérez.

A directora do centro, Noemí Moreira, sinalou que este curso inspiráronse na obra de Castelao A derradeira lección do mestre, dedicada a Bóveda, para construír unha identidade baseada na memoria compartida e rendendo tamén homenaxe aos artistas Carlos Taboada e Ángel Barros polo seu compromiso coa cultura e coa infancia.

Unha réplica do cadro de Castelao, realizada por Ángel Barros para o CEIP Alexandre Bóveda, foi entregada como agasallo ao IES Chapela. Aldán Santamarina, coordinador do Equipo de Dinamización Lingüística do instituto, foi o encargado de recoller a obra. Con este cadro pasan o relevo ao instituto onde o alumnado de Angorén fará os estudos de secundaria.

Tras o acto, inauguráronse dous novos espazos: a Radio Amalia Bóveda, unha nova emisora escolar do centro, e o Espazo Carlos Taboada, un aula sensorial en recoñecemento ao ilustrador de Polo correo do vento autor do mural da entrada da escola.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará