Hoxe é Luns 8 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Representantes das confrarías da ría visitan iniciativas pesqueiras sostibles en Gandía e na Albufeira

galp valencia

A Patroa Maior da confraría de Redondela, Nisi Otero, xunto cos patróns de Soutomaior, Gonzalo Reinoso, Cangas, José Luis Martínez e Vilaboa, Patricia Lorenzo, formaron parte da delegación do Galp Ría de Vigo-A Guarda que encabezada pola súa xerente, Elena Herbello viaxaron a Valencia para coñecer diferentes proxectos levados a cabo nesta zona.

Na primeira das dúas xornadas, a delegación do GALP Ría de Vigo visitou a Confraría de Pescadores de Gandía, onde percorreu a instalacións do Club Deportivo de Pesca Gandía (que conta con 1.500 socios, sendo o club de pescadores de caña máis importante de España) e visitou un mural de 400 metros sobre a fauna mariña e outros espazos que forman parte das instalacións da Confraría de Pescadores de Gandía.

Tamén tiveron a oportunidade de visitar as placas solares da lonxa, o punto de recarga de coches eléctricos e tres restaurantes do entorno portuario que foron beneficiarios das axudas do GALP. Foi un encontro enriquecedor no que se compartiron experiencias e coñecer de preto iniciativas vinculadas ao desenvolvemento do sector pesqueiro.

Ó día seguinte, xoves 4 de xuño, a delegación do GALP Ría de Vigo-A Guarda visitou as instalacións da Comunidade de Pescadores de El Palmar (na Albufera). Durante a visita, a delegación tivo a oportunidade de coñecer diferentes proxectos desenvolvidos na contorna da Albufeira, entre eles a reforma da sede social da Comunidade de Pescadores de El Palmar, unha embarcación eléctrica impulsada co apoio do GALP, as instalacións do Porto de Silla e iniciativas orientadas á conservación do patrimonio pesqueiro e á posta en valor da cultura mariñeira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará