Hoxe é Mércores 29 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello chama á veciñanza de Chapela a reconstruír a historia de La Progresiva

progresiva

A Concellería de Memoria Democrática celebra na tarde de hoxe mércores ás 19:30 horas un encontro aberto no Multiúsos do Piñeiral en Chapela co obxectivo de reunir documentación, arquivos ou fotografías que poidan conservar as familias da parroquia. Con esta iniciativa búscase recupera a memoria da Sociedade Agraria “La Progresiva”, unha entidade clave na vida socia e política de Chapela entre finais do século XIX e o primeiro terzo do XX.

A convocatoria, baixo a lema “Fagamos historia xuntos”, busca implicar directamente á cidadanía na reconstrución deste episodio do pasado local. “A Progresiva”, que tivo a súa sede no edificio que hoxe ocupa o Mercado Municipal, desempeñou un papel destacado no movemento agrario da provincia. Ademais da súa actividade reivindicativa, a sociedade impulsou iniciativas sociais como a apertura dunha escola en 1909, baixo a presidencia de Ángel Santorio.

O espazo tamén foi escenario de actos políticos de relevancia, coa participación de figuras históricas como Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e Telmo Bernárdez.

A alcaldesa, Digna Rivas, destacou o gran protagonismo desta entidade no movemento agrario, cuxa traxectoria se viu interrompida tras o Golpe de estado de 1936 en España. Neste sentido, animou á veciñanza a colaborar achegando calquera material ou recordo que contribúa a preservar esta parte da historia de Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará