Hoxe é Martes 19 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fornelos de Montes será un referente no astroturismo coa construción dun observatorio nos montes da Laxe

montes da laxe

Galicia Suroeste e o Concello Fornelos inician as obras de construción do primeiro miradoiro de astroturismo do Destino Starlight de Galicia Suroeste. O observatorio contará cunha superficie central de pedra autóctona para o uso de elementos de observación móbiles como telescopios, planisferio interpretativo e elementos de descanso reclinados que facilitarán unha visión relaxada do ceo. O miradoiro estará rematado antes do verán.

A realización deste proxecto de cooperación entre as tres entidades implicadas – Galicia Suroeste, o Concello de Fornelos de Montes e a Comunidade de Montes en Man Común de A Laxe- permitirá contar cun espazo deseñado para a contemplación e observación dun dos ceos certificados pola Fundación Starligh, o ceo do Concello de Fornelos de Montes.

Así, logo de meses de traballo, veñen de iniciarse as obras para construír este miradorio que permitirá desenvolver o astroturismo no municipio. Localizado na parroquia de A Laxe, na Serra do Suído, lugar onde o ceo conserva unha pureza excepcional, esta nova infraestrutura permitirá contemplar o firmamento en condicións únicas, desenvolver actividades científicas e educativas e fortalecer un modelo de turismo sostible que respecta a natureza.

Para a súa execución, a Comunidade de Montes en Man Común de A Laxe aprobou en asemblea ceder os terreos para que esta construción sexa unha realidade antes do verán.

O proxecto, redactado polo estudo tudense de arquitectura Erbalunga Estudio, foi deseñado cunha forma circular que permitirá observar o firmamento nos seus 360º.

Contará cunha superficie central de pedra autóctona para o uso de elementos de observación móbiles como telescopios, planisferio interpretativo e elementos de descanso reclinados que facilitarán unha visión relaxada do ceo.

A inversión desta actuación ascende a máis de 60.000,00 € e é financiada por Galicia Suroeste a través do PSTD A Despenda de Galicia, dotado con Fondos NEXT GENERATION – UE.

Este novo equipamento posiciona a Galicia Suroeste e ao Concello de Fornelos de Montes como un destino atractivo para amantes da astronomía e da natureza, contribuíndo ao desenvolvemento do turismo de calidade na zona e á dinamización económica da comunidade local.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

  1. Oxalá houbera máis lugares aproveitados coma neste caso, pero dame a sensación que os arquiteutos non son moi expertos na observación do ceo. Tiñan que diseñar, aparellado pero un pouco mais alonxado, un recinto con paredes de pedra, poñamos de uns 2 metros de altura, pra poder instalar telescopios o resgardo do vento, cando fose necesario, pois necesítan moita estabilidade e ningún abaneo e o chán de herba pra evitar as térmicas que xeneran os chans de cemento ou pedra despois de estar quentándose todo o día especialmente no vran. Penso que deberían contar co consello de un bon e experimentado amador do ceo.
    E os alcaldes teñen que concenciarse de que hai que reducir moitísimo a contaminación lumínica (hai moitos estudos e empresas especializadas en axeitar concellos sen perder calidade de iluminación e ademáis aforrando na súa actual factura da luz).

    Pois de pouco serve facer observatorios si despois non nos decatamos da importancia de preservar a calidade do noso ceo.
    Unha aperta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará