Hoxe é Martes 28 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Final de curso para o balónmán feminino con presenza na Final Four de Segunda Autonómica para SAR e Balonmán Chapela

680604025_1545227770945478_6705483650196450076_n

As competicións femininas de balónmán puxeron esta fin de semana o punto e final á tempada, completando así o calendario tras o remate previo das ligas masculinas.

Na División de Honra Prata feminina, a SAR Rodavigo despediu o curso a domicilio na pista do Balonmán Xixón cun encontro moi esixente. O conxunto redondelán competiu ata o final, loitando cada balón e mantendo opcións durante boa parte do partido. Porén, o resultado non acompañou neste último compromiso ligueiro, caendo pola mínima (28-27). Malia a derrota, o equipo pecha a tempada nunha meritoria sexta posición, con 13 vitorias, asegurando a permanencia na categoría un ano máis e consolidando o seu crecemento competitivo.

Na Segunda Autonómica feminina, a SAR Impernoroeste puxo o broche á tempada cunha axustada vitoria na casa fronte ao CDEC Lavadores Vigo B (30-29). As locais comezaron con forza, adiantándose 4-1, pero o conxunto visitante reaccionou para igualar o marcador mediado o primeiro tempo. O encontro mantívose moi equilibrado, cun intercambio constante de goles, ata uns minutos finais nos que a SAR soubo xestionar mellor as posesións decisivas para levar os dous puntos. Este triunfo permite ao equipo rematar en terceira posición e clasificarse para a Final Four, onde loitará polo ascenso a Primeira Autonómica.

Pola súa banda, o Cíes Obra Civil Balonmán Chapela impúxose no derbi ao Pastoriza Choqueiras (33-27), nun partido sólido que garante tamén o acceso á Final Four tras finalizar cuarto na clasificación. O conxunto das Choqueiras, que rematou sétimo, non puido acompañar ao seu rival nesta fase decisiva.

A Final 4 de Segunda Autonómica celebrarase do 9 ao 10 de maio en Bueu.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará