O festival RockRedondela celebrará unha nova edición o vindeiro 5 de xuño no Campo da Feira de Redondela, cun programa de concertos que dará comezo ás 20:00 horas. A cita musical forma parte da programación da Festa da Coca de Redondela.
O Concello confirmou como primeiro artista da programación deste 2026 a actuación de El Drogas, histórico vocalista, baixista e compositor da banda Barricada. O músico navarro é considerado unha das figuras máis relevantes do rock estatal, cunha traxectoria marcada por cancións que tiveron gran impacto en varias xeracións.
A incorporación deste artista supón a primeira gran confirmación do cartel musical da Coca que se celebrará dende o 30 de maio ao 7 de xullo e que se irá completando nas próximas semanas.









