Hoxe é Luns 27 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sorprendido un menor de 16 años conducindo un vehículo por Quintela

quintela

Axentes da Policía Local de Redondela investigan a un menor de 16 anos tras ser sorprendido ao volante dun turismo durante un control rutineiro na zona de Quintela, na madrugada do domingo. Os feitos foron postos en coñecemento da Fiscalía de Menores, ao tratarse dun condutor que carecía de permiso de condución.

A intervención enmárcase nun operativo de vixilancia nocturna no municipio, no que os axentes tamén detectaron outras infraccións relevantes en materia de tráfico.

En concreto, outro condutor foi sancionado administrativamente despois de arroxar un resultado positivo nas probas de alcoholemia. Segundo fontes policiais, o vehículo carecía ademais da ITV en vigor. Tras ser inmobilizado polos axentes, o implicado quebrantaría dita inmobilización, sendo tamén sancionado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará