Hoxe é Xoves 23 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación de Empresarios impulsa a campaña do Día da Nai poñendo en valor ás mulleres deportistas

dia da nai

Baixo o lema “Xoga polo que cres. Aposta polo comercio local”, a iniciativa une comercio e deporte para visibilizar o talento feminino da vila cun chamamento a todas as deportistas locais a participar na exposición ELAS XOGAN que converterá os escaparates comerciais nun espazo de recoñecemento ao deporte feminino. A campaña arranca hoxe coincidindo co día do Libro e animando a clientela das librarías a mercar un libro como “agasallo perfecto para as nais cos descontos propios destas data”.

A Asociación de Empresarios de Redondela vén de lanzar a súa campaña do Día da Nai 2026 cunha proposta que vai máis alá da dinamización comercial, apostando pola visibilidade das mulleres deportistas da localidade.

Baixo o lema “Xoga polo que cres. Aposta polo comercio local”, a campaña establece un paralelismo entre o comercio de proximidade e o deporte, destacando valores compartidos como o esforzo, a constancia e o compromiso. Nesta edición, a iniciativa incorpora unha perspectiva de xénero que sitúa no centro ás deportistas da vila como referentes sociais e exemplo de superación.

Un dos eixos principais da campaña é a exposición urbana “Elas Xogan”, que converterá os escaparates dos establecementos de Redondela nun espazo de recoñecemento ao deporte feminino. A mostra, prevista para o 2 de maio coincidindo co Día da Nai, dará protagonismo tanto ás xogadoras de equipos locais como ao deporte base, visibilizando o talento que medra na canteira.

A Asociación fai un chamamento aberto á participación de todas as mulleres deportistas, que poderán formar parte da exposición enviando as súas fotografías e datos a través da web da entidade. O obxectivo é construír unha mostra representativa e diversa do tecido deportivo feminino da vila.

A campaña arrinca este 23 de abril, coincidindo co Día do Libro, cunha acción especial nas librarías da localidade para promover a compra de libros como agasallo para o Día da Nai.

Sorteo por compras: gaña unha camiseta oficial do teu equipo favorito

As persoas que realicen compras entre o 23 de abril e o 3 de maio poderán participar no sorteo dunha camiseta oficial do seu equipo favorito.

Para iso deberán rexistrar os tickets na plataforma Participa! (dispoñible ata o 6 de maio). Canto maior sexa o número de tickets rexistrados, máis opcións terán de gañar.

Xunto a estas accións, a campaña inclúe promocións e unha sección especial no Marketplace da Asociación con ideas para agasallos, reforzando así o apoio ao comercio local nunha das datas clave para o sector.

Con esta iniciativa, a Asociación de Empresarios de Redondela non só busca incentivar o consumo nos negocios locais, senón tamén contribuír á visibilización e recoñecemento das mulleres no ámbito deportivo, reforzando o seu papel como parte esencial da identidade social e cultural da vila.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará