Hoxe é Mércores 22 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

María Ruíz Aparicio: “Para min escribir foi unha terapia fronte a depresión”

poemas

Autora do poemario “Letras”, María Ruíz presenta este mércores ás 20:00 horas na Biblioteca de Chapela un libro que nace dende a súa experiencia persoal. Unha presentación literaria que forma parte do calendario de actividades organizado polas bibliotecas municipais co gallo da conmemoración da Semana do Libro.

Chapela acolle este mércores a presentación dun poemario nacido da loita persoal contra a depresión. A autora comezou a escribir con apenas 16 anos, nun momento especialmente delicado da súa vida. Foi entón cando, por recomendación profesional, atopou nas palabras unha forma de enfrontarse á depresión. “Para min escribir foi un método de recuperación”, explica. Co paso do tempo, aqueles textos íntimos acabaron collendo forma de libro, cunha intención clara: acompañar a quen poida estar atravesando experiencias semellantes.

Malia a ledicia que supuxo para ela que unha editorial confiara nos seus textos para llos publicar asegura que houbo tamén temor polo feito de que eses sentimentos saíran a luz e foran públicos.

Confesa sentirse nerviosa ante a presentación deste mércores, pero será tamén un acto de agradecemento a todas as persoas que a acompañaron no proceso de superar a depresión e unha mensaxe de esperanza de que ”se pode saír”.

As actividades organizadas polas Bibliotecas continuarán o xoves 223 Día do Libro coa entrega dos premios aos mellores lectores de 2025 e o venres 24 co contacontos “Na busca do tesouro” na biblioteca Xela Arias de Chapela ás 18:30 horas con Expresión Producións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará