Hoxe é Mércores 22 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os colectivos veciñais aproban a mellora provisional da Subida a Buraca proposta polas ANPAs

camiño buraca

O proxecto busca garantir un acceso máis seguro ao centro escolar da Igrexa mentres non se executa unha reforma integral da vía. A obra daría responsa a unha demanda reiterada da comunidade educativa dende hai anos para que se acometa o arranxo do Subida á Buraca, vial  que empregan os escolares que acceden ao colexio camiñando dende a Avenida de Redondela.

No último Consello Parroquial, os colectivos veciñais aprobaron a proposta impulsada polas ANPAS para mellorar a subida a Buraca, unha reivindicación histórica da comunidade educativa.

A actuación desenvolverase no treito comprendido entre a entrada da Avenida de Redondela e o centro escolar da Igrexa, unha zona con intenso tránsito diario de alumnado e familias.

Segundo o acordado, os traballos incluirán a reparación das fochancas existentes e a habilitación dunha zona peonil debidamente sinalizada e delimitada. O obxectivo é reforzar a seguridade viaria e facilitar un acceso máis cómodo e digno para os nenos e nenas que acoden ao centro.

Desde os colectivos implicados subliñan que se trata dunha intervención de carácter provisional, á espera de que se leve a cabo unha reforma integral e definitiva desta rúa.

A iniciativa pon de manifesto a importancia da colaboración entre a veciñanza e as ANPAS, nun esforzo conxunto por avanzar cara a un entorno máis seguro e adaptado ás necesidades da infancia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará