Hoxe é Xoves 16 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello insta a ADIF a rematar os traballos da ponte sobre a liña ferroviaria na Portela

Portela.Paso.Superior.Adif.353d969d-bf67-4c12-9575-410493882137

O peche desta vía que cruza o barrio da Portela en Cedeira dende o pasado mes de setembro obriga aos residentes a realizar un importante rodeo polo centro da vila para chegar aos seus domicilios. O Concello vén de solicitar un estudo topográfico da ponte para garantir que Adif cumpra co proxecto e insta ao ente ferroviario a que acelere os traballos que xa levan varios meses de atraso respecto da data prevista.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o concelleiro de Urbanismo, Antonio Cabaleiro, reuníronse onte con veciños e veciñas da Portela afectados por estas obras para comunicarlles que o Concello solicitará un estudo topográfico detallado da infraestrutura “para verificar que os traballos realizados por ADIF se axusten estritamente ao proxecto técnico”. Esta decisión xorde tras a preocupación amosada polos residente en canto a funcionalidade da nova ponte.

Rivas sinalou que debe ser un informe técnico o que determine se as obras de ADIF se corresponden ou non co proxecto que prevía unha ampliación ata os 8,5 metros de ancho, con dous carrís de circulación e beiravías para peóns. O proxecto orixinal contemplaba substituír o vello paso de 5 metros por unha plataforma moderna co obxectivo de gañar en mobilidade e seguridade. Rivas advirte que “se o informe detecta deficiencias, instaremos a ADIF de xeito inmediato a que mellore a ponte para facilitar o tránsito de vehículos e garantir a seguridade”.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

Dende que comezaron as obras de renovación da ponte, en setembro do ano pasado, a veciñanza da Portela está a sufrir as consecuencias do peche do paso superior sobre a vía do tren. Os traballos estanse a demorar moito máis do previsto. O peche do acceso obriga aos residentes a realizar un rodeos de varios quilómetros para chegar aos seus domicilios, unha situación que a alcaldesa cualificou como un “grave prexuízo”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará