Hoxe é Martes 19 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP reclama ao Ministerio retomar a reforma da N-552 ao seu paso por Chapela tras unha década paralizada

833098d6-4bf7-428c-aadf-d3938865a3d5

Os populares reclaman ao Ministerio de Transportes que retome de xeito urxente o proxecto de reforma e mellora da Avenida de Redondela na parroquia de Chapela, correspondente ao tramo urbano da estrada N-552 “tras case unha década de abandono e inacción á hora de acometer unhas actuación imprescindibles polo seu deteriorado estado”. Recentemente o goberno local tamén solicitou formalmente ao Ministerio información sobre o estado do proxecto de reforma deste vial.

Neste sentido o PP presentará unha iniciativa plenaria para que o goberno local tramite de inmediato unha solicitude formal ante o MInisterio co obxectivo de recuperar e executar a demanda de obras tramitada “hai case dez anos por Javier Bas desde a Alcaldía da man da Asociación da AP-9 e responsables de Estradas do Estado”. Paralelamente, a moción tamén pedirá de xeito urxente o arranxo das deficiencias en materia de seguridade viaria para minimizar o risco de accidentes.

O voceiro municipal, Javier Bas, lembrou que, no seu momento co PP no goberno local, fíxose un percorrido por esta vía de Chapela desde o límite con Teis ata o Alto da Encarnación e, froito do mesmo, elaborouse un borrador trasladado ao entón Ministerio de Fomento. Pero pouco despois producíuse un cambio tanto no goberno local como no Executivo central “e ambas administracións esquecéronse por completo das necesidades deste eixo viario” fundamental para a veciñanza de Chapela e que conta cun elevado tránsito de coches e peóns para o acceso ao centro de saúde, instituto, pavillón, igrexa e moitos comercios da localidade.

Entre as demandas reclamadas polos populares figuran a recolocación dos semáforos, que están situados en puntos pouco estratéxicos que non dan unha solución eficaz aos peóns; a modernización e ampliación da iluminación, que actualmente é escasa e obsoleta principalmente na entrada a Cidadelle; os arranxos das beirarrúas, que se atopan en moi mal estado de conservación con fochancas e losetas levantadas e que impiden a accesibilidades para persoas con mobilidade reducida; a necesidade de reforzar a limpeza e as rozas posto que a maleza e as silveiras dificultan o tránsito dos peóns; e a habilitación dun acceso que permita a entrada cara o camiño de Parada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará