SAR Impernoroeste foto de Picor.Photo
Chega o final da tempada na segunda autonómica feminina: SAR Impernoroeste tentará manterse no podio como terceira clasificada e o Cies Obra Civil Balonmán Chapela recibirá a Pastoriza Choqueiras no que será o último derbi da liga.
Rrsultados anteriores
A SAR Impernoroeste regresou da pista do DS Smith BM Arousa cunha victoria moi contundente por 24-36. As xogadoras saíron enchufadas desde o primeiro minuto (0-6 inicial), recuperaron o control tras a reacción local e chegaron ao descanso con vantaxe clara (11-18). Na segunda metade mantiveron a solidez defensiva e pecharon o partido con autoridade. O seu último partido da tempada será na Bomboneira ante o CDEC Lavadores Vigo B, onde buscarán despedirse coa mesma intensidade.
Pola súa banda, o Pastoriza Choqueiras sufriu unha dura derrota no seu feudo fronte ao Liron Store Mareiras Bueu Atlético Balonmán por 23-41. O resultado sitúa o equipo no sétimo posto, pero as xogadoras xa teñen a mirada posta no derbi final contra o Chapela, onde queren ofrecer unha boa despedida á afección.
O Cies Obra Civil Balonmán Chapela, pola súa parte, caeu pola mínima na pista do BM Abegondo (26-25). As beretes remontaron unha desvantaxe de seis goles ao descanso e chegaron a mandar por 23-25 no minuto 55, pero as locais reaccionaron nos últimos instantes e levaron o triunfo. Agora, o equipo prepárase para recibir ás Choqueiras nun derbi que pechará a tempada e que promete emoción ata o último segundo.
Con estes resultados e coa xornada definitiva á vista, a Segunda Autonómica Feminina despídese cun derbi local.
O cadete feminino SAR Rodavigo proclámase subcampión de Liga Ouro e Chapela acollerá a Final 4
O equipo cadete feminino do SAR Rodavigo rematou a tempada proclamándose subcampión da Liga Ouro. As xogadoras redondelás conseguen o pase directo ao sector nacional.










