Hoxe é Xoves 16 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela leva o derbi ante SAR OPmobility e deixa todo aberto para o final de tempada

WhatsApp Image 2026-04-15 at 23.37.05

A tempada 2025-2026 do balonmán local de Primeira Autonómica chega ao seu punto final esta fin de semana e o derbi local disputado no Pavillón Municipal Manuel González Soto de Chapela quedará como un dos momentos máis emocionantes do curso. O Balonmán Chapela impúxose ao SAR OPmobility por 36-30 nun encontro que comezou con dominio visitante (3-6 nos primeiros minutos) pero que os locais souberon dar a volta pouco a pouco. Ao descanso a vantaxe era mínima (13-12) e, na segunda metade, o Chapela acelerou o ritmo, aproveitou os erros redondeláns e abriu unha brecha definitiva (26-19 no minuto 45). O acerto nos lanzamentos locais contrastou coa falta de precisión do SAR, que non conseguiu achegarse no marcador.

Con este resultado, o SAR OPmobility mantén a terceira praza con 31 puntos, mentres que o Balonmán Chapela segue cuarto con 28 puntos, a só tres de distancia. Pero a tempada aínda non rematou. Esta fin de semana chega a xornada definitiva: o SAR OPmobility pechará o curso na Bomboneira ante o Bueu Atlético BM co obxectivo de conseguir unha despedida digna e, se é posible, consolidar o podio. Pola súa banda, o Chapela visitará o Ferlovi Carballal, décimo clasificado, nun partido no que buscará sumar os dous puntos que lle permitan achegarse aínda máis ao SAR.

Ademais, o SAR Globalmar tamén tivo unha xornada redonda na Segunda Autonómica. Na súa visita a Pontedeume impúxose por 25-32 cun partido moi serio: arrincou forte (3-9), chegou ao descanso con clara vantaxe (10-22) e xestionou a segunda metade con intelixencia para non dar opcións aos locais. Un triunfo que reforza o bo momento do equipo de Redondela antes de pechar a tempada.

A liga despídese este fin de semana e tanto Chapela como o SAR terán a oportunidade de despedirse coa cabeza ben alta dunha tempada intensa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará